A segregación do mercado de traballo tanto horizontal, debido a que segue habendo sectores de ocupación aínda moi masculinizados, como vertical, xa que as mulleres teñen grandes dificultades para acceder a postos de responsabilidade e de dirección nas empresas é unha realidade que nos rodea a todos.
Por isto, non só cobra especial importancia facer un seguimento constante das iniciativas que impulsan a igualdade entre mulleres e homes, senón que é necesario analizar diversas situacións como a maternidade, a conciliación de vida familiar e laboral, a segmentación ocupacional, a clasificación profesional e as discriminacións directas e indirectas para acabar con factores culturais, empresariais e políticos perpetuados no tempo como o sexismo, a repartición desigual das cargas familiares ou as políticas corporativas non inclusivas.