Malia ás fortalezas do liderado das mulleres, aínda existen prexuízos e o dereito cara á verdadeira igualdade entre mulleres e homes segue sendo un reto a alcanzar, para o que cómpre prestar especial atención como unha das mellores maneiras para derrubar os sólidos teitos de cristal existentes e de loitar contra os homes que aínda abusan da súa superioridade.
O traballo desta liña de investigación encamiñarase a revelar os prexuízos e buscar solucións a esta forma de subrepresentación tanto desde o apoio ás institucións e empresas como á sociedade en xeral e ao que cada persoa pode achegar, analizando algúns coma: mulleres en postos de poder, novas masculinidades, integración da perspectiva de xénero nas aulas, defender os propios talentos e fortalezas das mulleres, entre outros.