Os estereotipos de xénero foron a causa ao longo da historia da construción dunha sociedade asentada sobre os intereses, desexos e privilexios dos homes. Os roles impostos ás mulleres durante séculos non lles permitiron desenvolver os seus proxectos de vida en igualdade de condicións nin de oportunidades que a aqueles. A súa labor no ámbito do-
méstico e as súas obrigas de coidado e obediencia cara aos seus homes e pais excluíunas da vida cultural, laboral e intelectual.
O obxectivo desta liña de investigación é poñer en evidencia estes extremos e reivindicar a necesidade de ampliar os estudos de teoría xurídica incorporando a labor das mulleres nos mesmos e visibilizando os seus aportes. Así mesmo, analízanse as causas que impiden estudar a ciencia xurídica con perspectiva de xénero e as razóns polas que moitas das teorías xurídicas non son explicadas de forma completa incluíndo as implicacións que as mesmas teñen na desigualdade de xénero.