O IXEX traballará nun cambio de enfoque e de prioridades para lograr medidas equitativas que garantan unha economía sostible e buscará un cambio de conciencia dando visibilidade ás medidas preventivas para lograr a xustiza fiscal e orzamentaria en materia de xénero.
Analizarase a economía da muller como elemento determinante da súa emancipación real, o desenvolvemento empresarial da mesma, a equidade na distribución da riqueza entre homes e mulleres (o que contribuíu a equiparar a presión fiscal, a seguridade económica, o acceso ao mercado de traballos), os ingresos das mulleres, a accesibilidade, a calidade dos servizos públicos e as políticas sociais no relacionado co coidado dos fillos, persoas maiores e persoas con necesidades especiais.