O IXEX analizará con detalle estos dous conceptos, os cales, sendo distintos están plenamente relacionados entre si:
A mediación é unha vía alternativa ou complementaria á vía xudicial onde unha terceira persoa imparcial e neutral, a persoa mediadora, trata de achegar as posturas das partes para que a comunicación e o entendemento flúan entre elas e poidan chegar así por si mesmos, e mediante un proceso de negociación, a un acordo, se é o caso, consensuado,satisfactorio, previsiblemente eficaz e con vocación de permanencia no tempo.
A Xustiza Terapéutica, de xeito xenérico, entende o dereito como unha forza social que produce comportamentos e consecuencias nos usuarios da xustiza, que poden ser positivos pero tamén prexudiciais e antiterapéuticos. Un dos seus principios básicos é contribuír á resolución real de problemas e conflitos a curto e longo prazo, cumprindo o dereito das persoas a resolver os seus conflitos, pero de forma responsable, xusta e sostible, promovendo ao mesmo tempo unhas relacións máis viables e satisfactorias, así como o benestar xeral dos individuos e sociedade.