Desde o IXEX decídese dedicar a liña investigadora titulada Mulier et Ius ao excursus xurídico-histórico relacionado coa perspectiva de xénero, os antecedentes de estudos xurídicos, centrados no ius como núcleo central do dereito romano, dedicados á muller, xa sexa con connotacións negativas ou positivas pero que poidan axudar a achegar unha visión secular da posición feminina, xeralmente deostada pola historiografía secular.
Pero para expor un estudo xuridicamente completo debemos partir da complexidade da análise da situación das mulleres a través do dereito anterior e a historia unida ao mesmo, porque non se debe confundir o particular coa xeneralidade. Se se pretende unha investigación en profundidade, débese ter en conta modelos de conduta patriarcal con respecto ao colectivo de mulleres en xeral, e a resposta das mesmas ante os estímulos negativos presentes en todas as épocas agás na actual.