Muller e identidade social

O IXEX prevé investigar acerca da relación entre prexuízos de xénero e xustiza. Estes estereotipos están así relacionados cos roles que os distintos xéneros exercen e que están presentes no día a día, de igual modo que o fan outros factores como o nivel socioeconómico, a orixe sociocultural, a etnia ou a dicotomía entre territorio urbano ou rural.

Outros dos elementos vinculados á identidade social e a muller e que se abordará desde o IXEX son: o traballo retribuído e o non retribuído, o coidado e as tarefas do fogar, a desvalorización do traballo realizado polos distintos xéneros, o teito de cristal e a presenza de mulleres en empregos máis precarios (cunha maior taxa de temporalidade e peor remunerados) entre outros.

Scroll ao inicio