A necesidade de incluír o enfoque de xénero nos procesos xudiciais afecta a todos os Estados sendo ademais unha obriga para a maioría dos seus órganos xudiciais, de aí que esta liña de investigación incorpore tamén aspectos relacionados co dereito internacional e inclúa o traballo con sentenzas emitidas por tribunais internacionais, especialmente pola Corte Internacional de Dereitos Humanos e polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.
Deste modo, os obxectivos desta liña de investigación se complementarían con outros puntos, como son a necesidade de analizar en que consiste a tarefa de xulgar; delimitar conceptualmente que é a perspectiva de xénero; explicar que significa o uso de dita perspectiva en sede xudicial; estudar os instrumentos xurídicos que esixen ao poder xudicial usar a perspectiva de xénero na súa labor; e indagar e avaliar as formas coas que os tribunais están cumprindo co seu deber de empregar o enfoque de xénero.